Camilo Gómez Torres

Camilo Gómez Torres

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 26 de novembro de 1948
Lugar de Nacemento: Covas de Augasmestas, Quiroga (Lugo)

Currículum

Mestre de Primeiro Ensino: Escola de Maxisterio de Ourense. Licenciado en Filosofía e letras (Sección filoloxía Románica - Subsección Hispánica): Universidade de Barcelona (Central). Tese de Licenciatura: Achegamento á poesía de Manuel María. Doutor en Filoloxía Hispánica. Sección Galego-Portugués: Tese de doutoramento: Manuel María: poesía, traballo lingüístico e traballo cultural. Traballo docente: Colexio La merced de Sarria (1972-73 a 1976-77), Instituto de Bacharelato Lucus Augusti de Lugo desde o 1 de outubro de 1977.

Obras realizadas

CREACIÓN TEATRAL (obras estreadas; non publicadas):
Historia dun espantallo (1972), estrea: 1973.
Unha luz na noite (1975), estrea: 1975.
Auto do sí, señoría (1975), estrea: 1977.
Historia dunha experiencia teatral (1976), estrea: 1977.
A sala de xuntas (1980), estrea: 1981.

COLABORACIÓNS EN VOLUMES COLECTIVOS:
"Silencio de hidra" (poema), VV.AA., Pregoeiro da Luz. Homenaxe literario a Alfonso Blanco Torrado, Lugo, 1993, Páx. 45.
"...até outra nova primavera" (conto), VV.AA., Os escritores lucenses arredor de Fole, Concello de Lugo, Lugo, 1986. Páx. 95-96.
"¿Até cando?" (poema), VV.AA., Papeis de barba (Homenaxe a Manuel María dos escritores lucenses), Lugo, 1995.

MANUAIS E EDICIÓNS DE ESCOLMAS:
Manuel María. Versos de trinta outonos (Escolma: 1950-1979), Edicións Xistral, Santiago, 1980.
Xesbib 1.0. Manual de axuda, Lugo, 1995. Programa de xestión informática dunha biblioteca escolar. En colaboración con Antón Gonçalves Quintela.
Antoloxía poética. Manuel María, Col. "A nosa literatura", nº 39, AS-PG e A Nosa Terra, Vigo, 1997.

ESTUDIOS DE LITERATURA:
Cinco notas a Laio e cramor pola Bretaña, "Vértice", nº 367-368, Coimbra, 1974, Páxs. 636-651.
A lingua e o conflicto lingüístico na poesía de Manuel María, Pasárgada, nº 1, Lisboa, 1976. Páxs. 86-100.
Notas para unha biografía, Manuel María. Versos de trinta outonos. (Escolma: 1950-1979), Edicións Xistral, Santiago, 1980. ISBN: 84-85271-23-8. Páxs. 13-20.
Apuntes para un achegamento á poesía galega da postguerra, Manuel maría. Versos de trinta outonos. (Escolma: 1950-1979)... Páxs. 21-32.
Achegamento á poesía de Manuel María, Manuel María. Versos de trinta outonos. (Escolma: 1950-1979)... Páxs. 33-43.
Canción para cantar tódolos días, de Manuel María, Mundaiz, nº 31, EUTG (Estudios Universitarios y Técnicos de Guipúzcoa), xaneiro-xuño, 1986, páxs. 125-143.
Apuntes biográficos: Manuel María, en Follas Secas, nº 12, Ourense, xaneiro-marzo, 1987, páxs. 11-15.
Manuel María e a poesía galega. Terra Cha na poesía de Manuel María, en VV.AA., Manuel María da Terra Cha, Citania de Publicacións, Lugo, 1995. Páxs. 39-53.
Manuel María e o seu tempo en VV.AA., Historia da Literatura galega, vol. IV, AS-PG e A Nosa Terra, Vigo, 1977. Páxs. 1217-1248.
A poesía de Fiz Vergara Vilariño nos anos setenta, en VV.AA., Fiz Vergara Vilariño, Guieiros, nº 4, Asociación Cultural "Xermolos", Guitiriz, decembro, 1997. Páxs. 31-37.
Manuel María: poesía, traballo lingüístico e traballo cultural (Tese de doutoramento, lida o 19 de maio de 2000. Inédita).
Autor do libro titulado: "Manuel María: os traballos e os días".

Outros datos de interese

Realizou, ademais, traballos de dirección teatral, traballos de vídeo e colaboracións xornalísticas en El Progreso e La Voz de Galicia.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Últimas Publicacións

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com