Carlos Penelas Abad

Carlos Penelas Abad

Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 9 de xulio de 1946
Lugar de Nacemento: Avellaneda (Buenos Aires, Argentina)
Web de Carlos Penelas

Currículum

Os seus pais foron Manuel Penelas Pérez e María Manuela Abad Perdiz, sendo o fillo menor de cinco irmáns dunha familia vinculada á literatura, a plástica, a música, o teatro e o cine. Cursou estudos na Escuela Normal de Profesores Mariano Acosta, onde seguiu o Profesorado en Letras.

Obras realizadas

Publicou máis de trinta libros de poesía e prosa, entre os cales se poden destacar: Poemas del amor sin muros (1970), La gaviota blindada y otros poemas (1975), Conversaciones con Luis Franco (1978), Los dones furtivos (1980), Finisterre (1985), Queimada (1990), El corazón del bosque (1992), El mirador de Espenuca (1995), Guiomar / Cantiga (1996), Los gallegos anarquistas en la Argentina (1996), Anarquía y creación (1997), Valses poéticos (1999), Desobediencia de la aurora (2000), De Espenuca a Barracas al Sur (2000), El regreso de Walter González Penelas (2001), Elogio a la rosa de Berceo (2002), Diario interior de René Favaloro (2003), Cuaderno del Príncipe de Espenuca (2004), El aire y la hierba (2004), Crónicas del desorden (2006), Romancero de la melancolía (2007), Retratos (2008), Antología personal (2009), Calle de la flor alta (2011), Poesía reunida (2012), Poemas de Trieste (2013), El trasno de Espenuca (2014), Homenaje a Vermeer (2015), Cánticos paternales (2015), La luna en el candil de la memoria (2016).

A súa extensa obra poética e en prosa –saudada por Luis Franco, Raúl González Tuñón, Ernesto Sábato, Juan L. Ortiz, Bernardo González Arrili, Ángel Mazzei, Diego Abad de Santillán, David Viñas, Elvio Romero, María Elena Walsh, Giuseppe Bellini, Thorpe Running, José Filgueira Valverde, Eduardo Blanco Amor, Lily Litvak, Frank Dauster, Ricardo E. Molinari, Xesús Alonso Montero, Héctor Ciocchini, Graciela Maturo, entre outros, revela o devir creador de Carlos Penelas.

A literatura levouno a cidades como Betanzos de los Caballeros, Santiago de Compostela, Madrid, Barcelona, Londres, Edimburgo, París, Roma, Bruselas, Oviedo, Amsterdam, Viena, Frankfurt, Praga, Budapest, Lisboa, Trieste, Florencia, Venecia, Sicilia, La Habana, Montevideo, Santiago de Chile, Antofagasta, Tallín, San Petersburgo, Helsinki, Oslo, Copenhague... e en moitas delas ofrecer conferencias e seminarios.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com