Joaquín Antuña

Joaquín Antuña

Este asturiano afincado en Madrid, licenciouse en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e Ciencias Políticas no instituto do mesmo nome de París. Na época da transición democrática en España é nomeado Secretario de Relacións Internacionais de Izquierda Democrática de Joaquín Ruiz Jiménez. Foi colaborador da FAO en Roma e México, e tamén do Departamento de Comunicación Social na Presidencia da República de México.

Fundou Paz y Cooperación en 1982 e a súa organización foi designada “Mensajera de la Paz" de Nacións Unidas en 1987, diploma de honra do “Año Internacional de la Familia”, mención especial da UNESCO pola súa contribución ó “Año Internacional de la Alfabetización" e en 1999 obten o Status Consultivo Especial do ECOSOC de Nacións Unidas.

Personalmente obten en Estados Unidos o "Peace and Security Award" en 2006 e "Global Compassion Award" en 2009 outorgados por Wango e por Airlines Ambassador, este último en Nacións Unidas. Foi designado "Embajador de los Derechos Humanos" por Youth for Human Rights International en 2007. Os Ministerios de Educación de Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Irán e Panamá outorgáronlle premios de recoñecemento e ademáis un certificado de agradecemento do Centro Ruso de Cultura y Ciencia – Rusintercentro do Ministerio de Asuntos Exteriores da Federación Rusa. Asimesmo, o Forum das Culturas de Monterrey, México 2007 distinguiuno cun galardón.

Foi declarado Huésped Ilustre de Albacete e de Hospitalet en España; de La Molina, San Borja e Santiago de Surco en Lima, Perú, como también ciudadano de honra en Zoueratt en Mauritania. Entre outras distincións recibiu a "Paloma de la Paz", premio entregado polo alcalde de Madrid, Enrique Tierno Galván. Foi nomeado profesor da Sociedad de Estudios Internacionales de Madrid. Foi conselleiro de Greenpeace e fundador e vicepresidente da Federación Española de Defensa y Promoción de Derechos Humanos de España. Leva o seu nome unha Biblioteca Infantil en Bucaramanga, Colombia; un hospital rural en Keur Mour, Mauritania e un Auditorio no complexo Zizannani en Sudáfrica. Coñeceu personalidades relevantes como a Nai Teresa, Desmond Tutu, Pérez Esquivel e Nelson Mandela e entrevistouse oficialmente coa Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas, Doña Asha-Rose Migiro en decembro de 2009.

Publicou “Verso il Duemila” en Italia e “La Estrategia de la Esperanza”, “50 Ideas para la Paz”, “Abriendo Brecha” e “Como crear una ONG” en España. Foi amigo e traductor do Fundador do Clube de Roma Aurelio Peccei, de quen se inspirou. Dirixiu un programa de televisión durante 3 anos “Otra humanidad, Tercer milenio” do que se publicou un videolibro. Desde 1982 promove campañas escolares dirixidas a levar a problemática mundial ós centros escolares e en 1987 crea o Premio Escolar Paz y Cooperación que se presenta anualmente en conferencias de prensa en Nacións Unidas de Nova Iorque e que a partir do Forum de Barcelona de 2004 convirteuse nun certame internacional, que instituiu o 7 de febreiro como Día Escolar por el Entendimiento y la Paz.

A súa última campaña, presentada oficialmente en conferencia de prensa na sede de Nacións Unidas de Nova Iorque en outubro de 2015 ten como título “Don Quijote o la Fuerza de la Utopía. Preparando el Futuro”. As súas últimas publicacións en 2015 e 2016 son “El hombre perplejo”, “El Laberinto Español” e “Crónicas de la Tercera España”.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com