Joaquín Nieves López

Joaquín Nieves López

Xornalista
Data de Nacemento: 2 de abril de 1924
Lugar de Nacemento: Verín (Ourense)

Titulado en Xornalismo pola E.O.P de Madrid e titulado polo Ministerio de Información e Turismo en Radio e Televisión, foi bolseiro da ‘Editorial Católica’ e do diario ‘Ya’. Realizou cursos de perfeccionamento en Salou (Tarragona) e Sitches (Barcelona) e foi seleccionado como profesional para o Centre Interational de jurnalisme de Estrasburgo e o Casper Iberico de Brasil, onde colaborou no magazine ‘Vida doméstica’ de Río de Janeiro.
En 1949 incorporouse á redacción do diario ‘Proa’ de León, foi xefe da sección de internacional e da de sucesos e dirixiu as publicacións ‘Ayer y hoy’ e ‘Corner’ en León.
Nos anos de posguerra dirixiu o ‘Heraldo de Verín’ na súa segunda época, foi membro da Asociación da Prensa Ourensá e en León pertenceu á Asociación da Prensa Leonesa e foi delegado na provincia da Agrupación de Xornalistas Deportivos. Así mesmo, colaborou en tarefas informativas de Radio León da Cadena Ser.
En 1983 foi destinado ao Gabinete de Prensa da xefatura de protección Civil leonesa ata a súa xubilación.

 

OBRAS

-“Bosquejo histórico de la comarca galaico-portuguesa del Amega”.
-“La cuna de Colón”.
-“Función del idioma en la Prensa”.
-“Folclore leonés”, Douro Litoral, Museo de Etnografía e Historia de Oporto.
-“Rágagas Leonesas”.
-Documentos sobre o “Periodismo en Verín” e “Periodismo en Valdeorras en el siglo XX”, o primeiro da tese de fin de carreira da E.O.P., dirixida polo profesor José Altabella.
Posúe diverso material sobre temas de Verín do século pasado, ritos, costumes e biografías sobre San Francisco Blanco do Tameiron, imaxe e reliquia que se veneran na ermida de Outarelo de Castro e datos inéditos da biografía de Araceli Ancochea, profesora de música nacida en O Barco.

PREMIOS

-Premios do Centro Galego de Bos Aires (1952).
-Premios por traballos en ‘Faro de Vigo’.
-Premio ‘Senda’ da cidade de Puebla (México).
-Premio pola biografía sobre o beato Sebastián de Aparicio.
-Premios de reportaxes das axencias de prensa ‘Mirospa’ e da Axencia EFE.
-‘Injerto de Oro’ no Certame Literario de Vilamartín.
-Premios por traballos publicados en 1970 e 1971 no semanario “Aquiana” do Bierzo e Valdeorras.
-Figura da careta de cigarrón pola súa participación no acto das vodas de ouro do Colexio Público Amaro Refojo.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com