José Manuel Blanco Prado

Data de Nacemento: 14 de abril de 1950
Lugar de Nacemento: A Coruña

Currículum

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Filosofía no I.E.S. “Xoán Montes” de Lugo. Participa con comunicacións nalgúns congresos e simposios de etnografía e antropoloxía. Colabora en temas ligados coa antropoloxía, etnografía e historia nunha serie de boletíns e revistas culturais: Anuario Brigantino, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Caderno de Estudos Chairegos, Croa, Estudios Mindonienses, Etnografía, Lucensia, Lucus, Pena do Encanto etc. Traballa con Fernando Arribas e Mario Saavedra no proxecto “Carboeira”, que ten como finalidade o inventario e catalogación dos cruceiros da Terra Chá (Lugo).  Con este grupo intervíu nos oito roteiros, que se levaron a cabo sobre os Cruceiros da Terra Chá.

Obras realizadas

É autor das seguintes obras: “As Romaxes da Terra Chá” (1982), “Religiosidad popular en el municipio de Begonte”), publicadas pola Deputación de Lugo. Tamén, “Santuarios da Terra Chá” (2019), (1991),  “Exvotos e rituais nos santuarios lucenses” (1996) publicado polo I.E.S.CHA (Instituto de Estudos Chairegos). É coautor de: “Begonte, pasado e presente” (1987) (Alvarellos), “Cruceiros e cruces do municipio de Begonte” (Deputación de Lugo) (1988), “Catálogo de Cruceiros da Terra Chá: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei” (1998), “Guitiriz” (1999), “Begonte, Cospeito e Rábade” (2000), “A Pastoriza” (2002), “Xermade” (2004), “Abadín” (2007), publicados por Ed. do Castro, e “Muras” (2009), e “Vilalba” (2011), publicados polo I.E.S.CHA. Tamén foi coautor con outros etnógrafos galegos da obra en tres tomos, “Tempos de Festa en Galicia” (Fundación Caixa Galicia). Ademais levou a cabo tres exposicións sobre “O Entroido na provincia de Lugo” no Mesón do Forno; no Museo Provincial de Lugo; na Aula de Cultura de Riotorto; e no I.E.S. “Basanta Silva” de Vilalba. A maioría dos seus artigos, relacionados coa relixiosidade popular na provincia de Lugo; co Entroido Lucense; cos Cruceiros, esmoleiros, e cruces, tamén lucenses, etc., están dixitalizados nas seguintes webs: Galicia Digital.Lugo. (artigos de opinión e biblioteca virtual). Galicia Encantada; e, tamén, na AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Outros datos de interese

Acadou as seguintes distincións: IX Certame Literario da Terra Chá (1972). Premio de periodismo “Manuel Mato Vizoso” nos anos 1982 e 1984. Premio “Cal da Loba” no ano 1999. Foi nomeado “Milagrosista 1997”.

Obras de José Manuel Blanco Prado

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com