Julia María Dopico Vale

Julia María Dopico Vale

Categoría: Música e escritora
Lugar de Nacemento: A Coruña

 

Currículum

Profesora de Instituto de Ensinanza Secundaria, na especialidade de Música, licenciada en Grao Superior de Piano (CMUS Joaquín Rodrigo) e de Linguaxe Musical (CMUS Prof. Manuel Quiroga). Intérprete de bandurria e piano.

Pianista acompañante en diversas galas líricas.

Organizadora de festivais músico-poéticos en colaboración con diferentes asociacións culturais da cidade herculina.

Invitada solista en diversos recitais de bandurria en actos culturais.

Coordinadora de festivais de pulso e púa na súa cidade natal.

Presidenta da Asociación Cultural Brigantia desde a súa fundación en 2008 ata a actualidade e cuxos fins son a difusión da música e a literatura de Galicia.

 

Obras realizadas

Fundadora e compoñente da formación musical ROSAS:

Graban o CD “Música para a Nostalxia” (2010) coas aportacións literarias de Julia Uceda Valiente (poeta) – Eva Veiga Torre (actriz e poeta) – Juan M. Charlón (crítico musical) e un debuxo para a portada da pintora ferrolá Corín Diego Cervera; “Rosas para Galicia” (2013) coa adscrición literaria de Juan Durán (compositor) – Elisa Moscoso Vázquez (Profesora do CMUS Prof. A Coruña) – Eva Veiga Torre (actriz e poeta) – Xoán Rubia (cantautor) e un gravado cedido “Bandurria en rosa” do pintor Rafael Úbeda.

Realizan concertos por toda a nosa xeografía galega tanto en teatros como AVV ou Centros cívicos.

Fundadora e compoñente do dúo ENTREDÓS, formación de bandurria e piano.

Fundadora e compoñente do grupo NOVA POESÍA:

Esta formación é galardoada por unanimidade co Premio Gregorio Baudot, especialidade de Música da Sociedade Artístico Ferrolá (2012).

Realiza os seguintes monográficos: “La Voz de la Musa” (2001) – “Rosalía de Castro” (2002) – “Homenaje a Valle-Inclán” (2004) – “Lorenzo Varela. Letras Galegas 2005” (2005) – “Ramiro Fonte” (2010) e gravación do CD “Galicia na Memoria. Entre música e poesía” (2006) cos comentarios críticos de Xoan Rubia (cantautor), Juan M. Charlón (crítico de música), Olga Patiño Nogueira (poeta), Sechu Sende (escritor). Este CD contén a estrea mundial da “Habanera Aurora” do compositor ferrolán José Arriola. Interpretada ao piano por José Luis Mera Castro. Con este programa de concerto realízanse actuacións musicais por toda Galicia.

COMISARIA DE EXPOSICIÓNS:

“Cartelismo, música e palabras na II República” (2006) e “Carlos Gurméndez en Pontedeume: 10 años” (2007).

CONFERENCIAS:

“Música y músicos de la Generación del 27” (2006), “Encontros de Bernardo Freire e Margarita Xirgu” (2007), “Cartelismo, música e palabras na II República” (2007), “Carlos Gurméndez en Pontedeume, 10 anos” (2007), “Historia, política y música” (2008) e “Verdi y Wagner. Dos compositores de la historia” (2013).

POESÍA:

Conta cun poemario titulado “La Voz de la Musa” presentado en Ortigueira (2001) e na Coruña (2002).

É invitada a participar como poeta en diversos encontros e recitais poéticos ao longo da xeografía galega.

Publica os seus poemas en diferentes revistas: A Nosa Terra e Poesía Galicia.

Colaboradora en diferentes revistas de Ferrolterra.

PUBLICACIÓNS DE INVESTIGACIÓN MUSICAL:

“Entre la música y la intimidad de la familia Arriola” (2003), “Bernardo Freire, un músico de Cedeira en América (1897-1983)” (2006), “Homenaje a Juan José Castro: Entre los músicos de Ferrolterra, el nedense Juan José Castro Piñeiro” (2006), “Encontro de Bernardo Freire e Margarita Xirgú en Montevideo” (2007), “La intimidad de la familia Arriola” (2008) e “A publicidade e a música na Radio Ferrol. 1950-1960” (2008).

Articulista en Diario de Ferrol onde publica a crítica e a crónica musical semanal da cidade de Ferrol desde o ano 2003 ata a actualidade.

Publica entrevistas nos suplementos da editorial La Capital a recoñecidos personaxes da música e da cultura como: Borja Quiza, barítono (2011), Juan Durán, compositor (2011), Ainhoa Arteta, soprano (2012), Margarita Viso, Presidenta de AGC (2012), Antón García Abril, compositor (2012), Joseph Colom, pianista (2012), Dolores Ben Pena, directora de Cinemar Films e María José Montiel, mezzo (2013).

Publica artigos de opinión en La Voz de Ortigueira (A Coruña), El Progreso (Lugo), El Heraldo de Viveiro (Lugo) e El Correo Gallego (A Coruña).

 

Outros datos de interese

PREMIOS LITERARIOS

2007. 1º Premio no XII Premio de Narracións Curtas Álvaro Paradela, Sociedade Artística Ferrolá.

2009. 1º Premio no XIII Concurso de Poesía e Narracións Curtas, Asociación Nós.

2011. Autora da adaptación musical na Mostra de Teatro Infantil. Cangas 2011. Federación de Anpas do Morrazo coa presentación da obra de teatro O Rato.

2012. Invitada pola Escola de Gaitas de Ortigueira e o Concello de Ortigueira a presentar a obra Ortigueira Suite do compositor Ernesto Campos, obra creada en especial para o XXVIII Festival Celta de Ortigueira.

2012. Alumna bolseira na LV edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela. Estrea, na Capela Real do Hostal Reis Católicos, da obra “Vine a Compostela” poema de Julia Dopico, música de Yoav Levi e interpretada pola soprano mexicana Mina Gallardo, acompañada ao piano de Jorge Robaina.

2013. Invitada a presentar os libros “Séptima Andaina” (2012) e “A Muiñeira de Apolo” do escritor ortegano Diego Pérez Dopico.

2013. Nomeamento por unanimidade Asesora de Cultura e Arte na Sociedade Artística Ferrolá.

2013. Recupera a figura do compositor ferrolán José Arriola, dentro do programa “Descubrindo as nosas Músicas”, retransmitido pola TVG e na páxina web www.descubrindoasnosasmusicas.com

2013. Invitada polo Consello da Cultura Galega a escribir sobre José Arriola no CD gravado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, de difusión internacional.

2013. Alumna bolseira na LVI edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com