Manuel Rivero

Manuel Rivero

Data de Nacemento: En 1953
Lugar de Nacemento: Vilela - Baños de Bande (Ourense)

Licenciado en Socioloxía (UNED).

Licenciado  en Antropoloxía (UNED).

Licenciado en Ciencias Políticas (UNED).

Doctorando en Humanidades (Universidade da Coruña).

Experto Sociolaboral (UNED).

Graduado Social (Universidade de Santiago).

Máster en RR.HH  (CEREM).

European Financial Advisor (European Financial Planning Association).

Completou a súa formación académica en finanzas, economía e management no Instituto de Estudos Financeiros, Instituto de Empresa e Instituto de Estudos Superiores Europeos (IESE).

 

Obras realizadas

É autor dos seguintes libros:

-De Roncesvalles a Compostela: un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitudes.

-Las claves del autodesarrollo, del desempeño eficaz y del liderazgo.

-El ilímite del potencial humano. En colaboración con Iago Santalla.

Os seus traballos de investigación sobre liderado, etnografía, familia, parentesco e patrimonio están publicados en prensa e medios especializados: Revista de Folklore, Piedras con Raíces, Argutorio, Astórica, Agalia, Lethes, Arraianos, Arquiverna, Porto dos Cavaleiros,  Auria, El Faro e El Pensamiento Astorgano.

A Limia, A Maragatería e Castro Laboreiro son as comarcas que desde o ano 1982 centran os seus traballos de campo. É membro investigador do Centro de Cultura Popular da Limia e do Núcleo de Estudos e Pesquisas de Monte Laboreiro.

É membro do equipo creador do Método QCOACH de formación de habilidades directivas.

Desenvolveu a súa carreira profesional nas áreas comerciais e formativas do Grupo BBVA.

 

Outros datos de interese

Actualmente imparte conferencias e seminarios para directivos de diferentes sectores. Como coach de habilidades directivas colabora con Qcoach, Ingafor e Escola de Finanzas.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Últimas Publicacións

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com