María Dolores González-Chamadoira Pérez

Mª Dolores González-Chamadoira Pérez, de nai viguesa e pai de Cangas, nace en Vigo no ano 1947. Pasa a súa infancia e mocidade en Cangas. Dende moi nova comeza a interesarse polo mundo da literatura e a escritura. É mestra nacional dende o ano 1982, na especialidade de filoloxía española e francesa.

No ano 2.005 publica a súa primeira obra, O fume do loureiro, editado pola Deputación de Pontevedra. Prestou colaboración en distintas revistas como "ANFACO" (Asociación de fabricantes de conservas) na que se publicaron diversos artigos de temática da conserva do peixe, e "Mar de Noia" de temática etnográfica e mariñeira.

Colabora con importantes escritores nun recompilatorio Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, coordinado por Xesús Alonso Montero, Ed. Xerais (2006). En 2007 colabora cunha obra que recolle a producción literaria en Galicia dende o Rexurdimento ata nosos días, cuios autores son A. Acuña, C. Blanco entre outros, editada polo concello de Pontevedra.

No ano 2010 publica a través da Deputación de Pontevedra o poemario "O vento do Noroés". Entre as últimas inclusións líricas atópase "O Padre Seixas desde dentro", de Manuel Cabada Castro, publicado por Sept, en 2013 e Pregoeiro da Irmandade, Sept, 2015.

Actualmente ten un poema no libro de "Homaxe a Manuel María".

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal