María Goretti Fariña

Categoría: Bióloga, monitora de medio ambiente e escritora
Data de Nacemento: Nos anos 60
Lugar de Nacemento: San Xoán de Baión, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

É bióloga e monitora de Medio Ambiente, especializada na implantación da norma ISO 14001 para a xestión ambiental nas empresas. Doutorouse en Enxeñería dos Residuos. Na actualidade combina as clases de Ciencias no Colexio "Sagrada Familia" de Vilagarcía de Arousa coa labor audiovisual como guionista productora dunha empresa videográfica, realizadora de temas ecolóxicos divulgados cun sentido didáctico.

Obras realizadas

O poemario Nai e mais ninguén, escrito ó longo de tres anos e posteriormente ordenado por orden alfabético, foi pensado para a súa filla Rosa Catarina, a quen está dedicado.

Outros datos de interese

No campo da narrativa, posúe o primeiro premio "Medio Ambiente de Galicia" (1999), entre outros. En poesía, nos últimos cinco anos, obtivo os premios de Marín, Vilalba, Mos, Begonte e Viveiro. Ninguén máis obtivo o premio do "X Certame de poesía Rosalía de Castro" concedido pola Casa de Galicia en Córdoba, na modalidade de lingua galega.No ano 2002 gaña o premio 'Avelina Valladares' de poesía, organizado polo Concello da Estrada (Pontevedra). En agosto de 2007 obtivo o XXXIII Premio de Poesía do Concello de Vilalba.

Obras de María Goretti Fariña

Neste momento non hai obras dispoñibles

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com