Pilar Sampedro Martínez

Diplomada e licenciada en Pedagoxía. Experiencia en educación Primaria e Secundaria, en educación no exterior e cargos directivos, así como en formación do profesorado. Remata a súa carreira docente na asesoría de bibliotecas escolares.

Obras realizadas

Terras de Santiago

Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (con Xosé Agrelo Hermo)

Cunqueiro (VVAA)

Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón. Roteiro literario Francisco Añón. Exposición Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)

Edición e prólogo de Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos

Avilés de Taramancos (con Blanca Ana Roig Rechou)

Participación en A nosa literatura infantilñ e xuvenil, Anuario de literatura, Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria…

Coordinadora da Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 e Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019.

Coautora do Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG).

Coautora da bibliografía para o Salón do Libro de Pontevedra Mulleres de conto, A revolución e Humor.

Cotraductora de Marta ante o espello.

Coautora da antoloxía Tropel de marmolubios: antología de la narrativa juvenil gallega Coautora Antología de la narrativa infantil gallega.

Autora das exposicións: 'Exposición 100 anos de literatura infantil galega' e 'Literatura infantil e xuvenil galega para a paz'.

Publica en diferentes revistas como Anuario Barbantia, Fadamorgana, Eduga, Revista Galega de Educación, Raigame…

Xestiona o blog: 'De libros e outros artefactos'.

Participa en Café Barbantia e Galicia Digital.

Xurado de diferentes premios: Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Irmandade do Libro, Carlos Mosteiro…

Outros datos de interese

Vocal do Ateneo de Santiago. Vocal de Barbantia. Vicepresidente segunda de GALIX. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Educación. Padroa da Fundación Neira Vilas.

Foi presidenta de GALIX e membro do consello de redacción de Fadamorgana.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com