Rafael López Charques

Rafael López Charques

Data de Nacemento: En 1948
Lugar de Nacemento: Lugo

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.  
Membro do Rexistro Oficial de Economistas Auditores na situación de non exercente.
Traballou na empresa privada como responsable de compras e de control orzamentario de 1975 a 1978.
Dedicouse ao exercicio liberal da profesión de 1979 a 1984.
Profesor da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo de 1978 a 1987.
Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade da Deputación Provincial de Lugo, onde traballou de 1982 a 1990, sendo secretario da Comisión Informativa de Economía e Facenda e da Comisión Especial de Contas de 1986 a 1990.
Desde 1990 é Técnico Superior de Administración da Xunta de Galicia.
Secretario da Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo de 1996 a 2005.

 

Obras realizadas

Realizou cursos de actualización e perfeccionamento en diversas materias, estando en posesión, entre outros,  do Diploma de Directivo da Xunta de Galicia.
Ten publicada a súa tese doutoral “Estudio socioeconómico de Terra Cha” e colaborou en diversas revistas con artigos sobre temas económicos e sociais.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal