Santiago Rodríguez López

Categoría: Profesor de Universidade e investigador
Data de Nacemento: 2 de xuño de 1971

Currículum

Fillo de emigrantes galegos (o escritor Manuel Oreste Rodríguez López e Irene López Gómez), residiu en Barcelona ata os catorce anos, idade na que se afincou na cidade de Lugo. É licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1994 con Premio Extraordinario de Licenciatura, graduado en 1995 e Doutor en Xenética en 1999 coa calificación de Sobresaliente “cum laude”. Colaborou en tarefas docentes no Departamento de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela no periodo comprendido entre 1996 e 2002. Traballou como Profesor Asociado da Univesidad de Santiago de Compostela. Casado con Mary Carmen Otero Rolle e pai dun fillo (Carlos), residiu en Santiago de Compostela dende 1997 ata o ano 2002, data na que se trasladou ó Reino Unido para realizar unha estancia posdoutoral na Universidade de Southampton cunha beca “Marie Curie” da Comunidade Europea. Proseguiu a súa actividade investigadora como Investigador contratado da “Human Genetics Division” da Universidade de Southampton ata finais de 2006, desenvolvendo investigacións sobre a base xenética de factores de risco cardiovascular en humanos. Dende Novembro de 2006 é Profesor Titular de Xenética de Poboacións e Xenética Molecular da “School of Social and Community Medicine” da Universidade de Bristol. En Bristol compatibiliza a docencia coa investigación, que se centra no estudio (dende un punto de vista evolutivo, epidemiolóxico e funcional), da influencia de factores xenéticos en enfermidades comúns humanas tales como a obesidade, a diabetes, enfermidades cardiovasculares e o cancro. Impartiu diversas conferencias no Reino Unido, Alemaña, China, India e España e participou en máis de 50 Congresos nacionais e internacionais de Xenética celebrados en Estados Unidos, Reino Unido, China, India, Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Holanda, Finlandia, Xapón e España.

Obras realizadas

Tesiña de Licenciatura (1995): “Caracterización citogenética de un inusual polimorfismo de número y localización de las regiones organizadoras del nucleolo (NOR) en poblaciones gallegas de trucha común (Salmo trutta L.)”. Tese de Doutoramento (1999): “Caracterización del desequilibrio gamético entre loci microsatélites de la región telomérica del cromosoma 11p humano”. Santiago Rodríguez López publicou máis de 40 artigos científicos de Xenética en revistas de recoñecido prestixio internacional entre as que destacan ‘American Journal of Human Genetics’, ‘Human Molecular Genetics’, ‘Human Mutation’, ‘Genetics’, ‘Diabetes’, ‘Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism’, ‘Pharmacogenetics and Genomics’, ‘BMC Bioinformatics’, ‘Electrophoresis’, ‘European Journal of Human Genetics’, ‘Annals of Human Genetics’, ‘American Journal of Medical Genetics’, ‘Heredity’, ‘Theoretical and Applied Genetics’, etc. É coautor dunha patente internacional.

Outros datos de interese

É revisor de proxectos de investigación e de artigos de investigación para máis dunha ducia de revistas internacionais.

Dende 1995, é membro do Xurado do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López organizado polo Concello de Paradela (Lugo).

 

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Últimas Publicacións

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com