Xosé Luís Allué Andrade

Xosé Luís Allué Andrade

Xosé Luís Fernando Allué-Andrade y Ferreira,[1] nado en Monforte de Lemos o 9 de setembro de 1931, é un científico, profesor e investigador galego.

Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.

Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Luís Pimentel.

Formulou tres modelos de análise fitoclimático e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudios biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan "Aflorestation in arid zones", "Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions", "Problemas y expectativas de la investigación piscícola" (1982) e "Atlas Fitoclimático de España, 1990.

En galego publicou artigos e poemas en Grial, participou nos volumes colectivos Paisaxe e cultura (1955), Homenaxe a Otero Pedrayo (1958), O noso sentimento da paisaxe (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), Cinco pezas pra cembalo, Vintasete murais pra Tino, O caso Grandio, Dicionario aproximado, Canciones callejeras y sentimentales, Sonata para un hombre solo e Liturxias pró Nadal.

Recoñecementos: Cruz do Mérito Agrícola, Premio de Publicacións INIA, e Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.

 

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal