Xosé Miguel Barrera Vázquez

Graduado Social Diplomado (Relacións Laborais) pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, Seguridade no Traballo e Hixiene Industrial. Conselleiro de Seguridade para o transporte de Mercadorías Perigosas por Estrada, en tódalas especialidades. Auditor /Auditor Líder Sistemas de Xestión de Saúde e Seguridade Ocupacional segundo a norma OHSAS 18001 por TÜV Rheinland Group en España.Polo que respecta á súa traxectoria profesional, é Director de Consultaría e Formación da empresa CONFORSIS, Auditor de Prevención de Riscos Laborais e Auditor da Norma OSHAS 18001 de Seguridade e Saúde Ocupacional, Experto da Norma SA 8000 de Responsabilidade Social Corporativa; conselleiro de Seguridade na empresa ‘CONSESUR, S.L.’, asumindo as funcións para empresas de sectores diversos como petroquímica (GALP, VALEO, REPSOL YPF), limpeza, medio ambiente, etc; Profesor titor en Xestión, Auditoría e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada na Área de Prevención de Riscos Laborais no ‘Instituto de Formación Integral S.A.’

 

Obras realizadas

É autor de diversas publicacións sobre economía social e cultura no xornal ‘El Progreso’ de Lugo e ten publicado poesía en xornais e revistas, como a Revista Xistral. Ten publicado os libros de poesía: ‘Loita de silencio’ (1993), ‘Na árbore do desespero’, incluído no primeiro ‘Caderno de Estudos Chairegos’ no capítulo de Nova Poesía (2002) da asociación Instituto de Estudos Chairegos, e ‘Poemas do Tempo Silenciado’ (2006), animado polo grupo de poetas afincados en Madrid baixo a denominación de Grupo Bilbao, entre os que cabe destacar Vicente Araguas, Manoel Pereira, Xavier Frias e Rafael Yañez Jato principalmente. Ten inédito o libro “Amor Enteiro”, que aborda a poesía erótica e diversos textos en prosa.

É vicepresidente e fundador da “Asociación Letras de la Sierra Norte” en Madrid e ten publicado textos en galego e en castelán na revista literaria Cartapacio. Na actualidade forma parte do grupo de guionistas do proxecto cinematográfico “Una Tela en Blanco”.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com