Xulio Xiz

Xulio Xiz

Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 17 de febreiro de 1947
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)

Currículum

Licenciado en Ciencias da Información e mestre, Julio Giz é o director de Ophiusa e Galicia Dixital e funcionario da Consellería de Cultura. Traballou en Radio Popular de Lugo (1968-1985) e na delegación de El Ideal Gallego en Lugo (1968-1985). Dirixiu programas culturais na Radio Galega: “A Radio máis Nova”, “Galicia pobo a pobo” (publicouse un resumen no libro), “Amigos” e “Literatura viva”. Actualmente colabora en Radio Popular de Vilalba. De 1983 a 1989 foi xefe do Staff da presidencia do Concello de Lugo e director do Padroado Municipal de Cultura, organizando neste período máis de mil actos culturais. Xunto con Marcial González Vigo obtivo unha vintena de premios nacionais e internacionais de radio e televisión, entre eles o Premio Internacional de Radio do Bimilenario de Lugo, Nacional de Radio e TV “Ciudad de Salou”, Nacional de Radio “Lotería Nacional”, Nacional I.N.D.O., Nacional Rosalía de Castro, Nacional de Turismo “La Mancha” de Radio, Mundial de Radio-TV Mallorca 1980, etc...

Obras realizadas

Os guións dos premios “Bimilenario de Lugo”, “Ciudad de Salou” e “Rosalía de Castro” foron publicados respectivamente nos libros "El Dios de Roma que lloró por Lugo" (1979), "Salou, novia del mar" (1980) e "Medio cento de galegos e Rosalía" (1983). Ademais publicou varios libros da colección Everest: "Láncara, para vivir", "Monterroso en las tierras de Ulloa", "El Belén de Begonte", "Palas de Rei, regio palacio", "Los Ancares, fuerza vital", "Lugo"... e coordinou os libros "Os escritores lucenses arredor de Fole" e "Autores lucenses actuais". Tamén dirixiu “Praza Maior”, boletín do Concello de Lugo.

Outros datos de interese

Foi guionista e director de máis de medio cento de produccións en vídeo, entre elas a colección “Videoteca de Galicia”. Con Carlos Rodríguez Arias creou en 1986 a Productora de Vídeo e Editorial OPHIUSA, en 1994 a primeira televisión local de Lugo –TELEVISIÓN LUGO- que dirixiu ata novembro de 1998 e en 2000 a plataforma en internet GALICIA DIXITAL.

En xuño de 2010 foi elixido, como Presidente de Fonmiñá, vogal de artes plásticas e escénicas da Federación de Asociacións Culturais do Noroeste (FACNO).

Obras de Xulio Xiz

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal