Ángel Fernández López

Data de Nacemento: 14 de xaneiro de 1935
Lugar de Nacemento: Paradela (Lugo)

ESTUDOS
Bacharelato: Realizou os estudos de Ensino Medio, como alumno de ensinanza libre, no Instituto Nacional Masculino de Lugo.
Maxisterio: Licenciado en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) pola Universidade de Barcelona (1968).
Memoria de Licenciatura na Complutense de Madrid (1970): “Inventario de Actividades Escolares para o Desenvolvemento da Creatividade”.
Curso de Doutorado: Universidade Complutense (1970-71).
Estudos de Psicoloxía na Universidade Complutense.

Obras realizadas

Ten once anos de práctica docente como mestre en colexios nacionais.
Inspector de Educación Primaria do Estado, desde 1974 ata 2005. Exerceu as funcións propias do seu cargo nas provincias de León, A Coruña e Lugo.

PUBLICACIÓNS E TRABALLOS PERSOAIS

-“La Espera y la Esperanza”, El Progreso de Lugo, 1963.
-“Necesidade de creación duna Escola en San Vicente de Paradela (Lugo)”, El Progreso de Lugo, 1966.
-“A educación dos nenos de Aprendizaxe Lento”, El Progreso de Lugo, 1968.
-“A Creatividade na Educación Xeral Básica”, Servizo Español do Maxisterio, Madrid, 1971.
-Coordinou os Programas Renovados do Ciclo Medio de EXB, na Área de Ciencias Sociais, da Comunidade Autónoma Galega, publicados pola Consellería de Educación en 1985, xunto cos profesores Francisco Río Barja, Javier Cortizo Nieto, Jesús Costa Rodil e Evaristo Domínguez Rial.
-Pertenceu ó equipo de investigación, codirixido polos profesores Dres. D. Luis Suárez Fernández e Miguel Anxo Santos Rego, da Universidade de Santiago, que realizou o Proxecto de Investigación “Orientación Escolar e Acción Titorial en Galicia” (2001/2002).
-“Paradela: Terra de Contrastes”, El Progreso de Lugo, xullo 2006.
-“Paradela: Terra de Contrastes”, El Progreso de Lugo, novembro 2006.

LIBROS

“El Monasterio Cisterciense de Santa María de Castro de Rei (Paradela)”, publicado pola Deputación Provincial de Lugo en 2006.