Antonio Gregorio Montes

Antonio Gregorio Montes

Categoría: Profesor
Data de Nacemento: 27 de abril de 1957
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)

Currículum

Casado no ano 1982 con Gregoria Gómez Alonso, pai de 4 fillos. Matrícula de honra en COU, rematou Ciencias Físicas (rama Fundamental) en 1979 Universidade de Valladolid. Profesor de Formación Profesional (Física e Química) con oposición en 1980, posteriormente obtén a condición de catedrático. Dedicado ó ensino antes xa de rematar a carreira na Aula María de Molina (centro de axuda de adultos), comeza a dar clases no actual IES Delicias de Valladolid. Destinado a Ribadeo, imparte clases desde o ano 1982 no actual IES Porta da Auga. En diversas ocasións tivo ó seu cargo cursos, tanto de informática como de didáctica, como unha disciplina do CAP varios cursos en Santiago e en Lugo. Así mesmo, mantivo xunto con outros compañeiros da Mariña un grupo de traballo sobre didáctica. Desde hai sete anos é coordinador da Feira da Ciencia e Tecnoloxía que se celebra anualmente en Ribadeo. Na actualidade, pertence ó grupo de traballo de Física para as probas de acceso á Universidade - Logse. Foi Director do IES Porta da Auga (entón I.F.P. de Ribadeo), ostentando na actualidade o cargo de Subdirector. No campo social, foi membro da xestora e posteriormente da directiva do Club de xadrez Alfonso X el Sabio de Ribadeo, sendo na actualidade Presidente. Tamén participa na xestora e directiva da Asociación Amigos da Música, titular da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo da que foi catro anos presidente. Así mesmo, colabora coa asociación Xerfa, da que tamén é directivo.

Obras realizadas

Ten publicados diversos artigos poñendo en relación física e ensino en revistas relacionadas con esta temática, como Cuadernos de Pedagogía, Ciencias, Revista de Enseñanza, Revista de Enseñanza de las Ciencias, Abeiro, Revista de Enciga ou Concepción Arenal. Tamén participou na prensa diaria con artigos sobre ciencia ou outros temas, como Ramón y Cajal, visión de la investigación por un Científico, no diario El Norte de Castilla, ou a serie sobre os eclipses publicada en A Mariña / El Progreso. É asiduo articulista da Mariña / El Progreso desde a súa fundación, con máis de setenta artigos publicados, incluído algún premiado. Así mesmo, tamén ten publicados textos en colaboración con xente do grupo de traballo Gupens.

Outros datos de interese

Mantén diversas páxinas web sobre Ribadeo, Amadores da Música / Banda Municipal, etc... Participou como clarinete durante varios anos no cadro de persoal da banda municipal de Ribadeo.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal