Eduardo Ochoa

Ten obra publicada en diversas revistas e ten participado en múltiples exposicións en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Madrid, Murcia, Zarautz, Viana do Castelo, etc. Tamén publicou nos catálogos da Primeira e Segunda "Fotobienal de Vigo", "O Mar", "Ollares no Tempo", "Outono Fotográfico", Primeira "Bienal Lucense", "Univerfoto", etc.

Paralelamente, está interesado pola recuperación da historia da fotografía en Lugo, sendo o autor do texto "161 anos de fotografía en Lugo", publicado no catálogo da exposición "Memoria visual de Lugo". Así mesmo, é autor das fotografías que integran os libros Lugo Blues, Meta-relatos, Cuatro por Veinte e Vilalba. Foi o director das "Mostras Fotográficas" organizadas en Lugo e que foron dedicadas á temática libre, á paisaxe, ó retrato, ó nu e á arquitectura.

A súa fotografía é de habitual tendencia expresionista e abstracta e frecuente temática arquitectónica e xeométrica.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Últimas Publicacións

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com