Emilio Carlos García Fernández

Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 21 de abril de 1953
Lugar de Nacemento: Ribadavia (Ourense)

Currículum

Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
Doutor en Comunicación Audiovisual, Universidade Complutense de Madrid U.C.M.) e Licenciado en Publicidade, Universidade Autónoma de Barcelona (U.A.B.).
Impartiu numerosas conferencias e cursos de formación.
Desempeñou diversos cargos de xestión académicos (Secretario e Vicedecano da Facultade, Director de Departamento, Membro do Consello de Goberno e do Claustro da U.C.M. e da Xunta de Facultade).
Dirixiu numerosas Teses Doctorais e Traballos de Investigación no ámbito audiovisual.
Formou parte de diversos equipos no desenvolvemento de Proxectos de Innovación e Mellora da Calidade Docente.
É Director do Grupo Complutense de Estudios Cinematográficos.
Investigador principal en proxectos financiados.
É membro evaluador e vogal académico en diversas Axencias de Calidade españolas.

Obras realizadas

Autor de diversos traballos audiovisuais e foi realizador de televisión.

Activo investigador centrado nos campos do cine, fotografía, televisión e novas tecnoloxías dende unha perspectiva plural. Entre as súas numerosas publicacións cabe destacar:
- 'Historia del cine en Galicia (1896-1984)' (A Coruña, 1985).
- 'Historia ilustrada del cine español' (Madrid, 1985).
- 'Cine español: una propuesta didáctica' (Barcelona, 1993).
- 'Diccionario filmográfico de Galicia' (Lugo, 1993).
- 'Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía' (Ávila, 1995).
- 'Guía histórica del cine: 1895-1996' (Barcelona, 1997).
- 'Cine e Historia. Imágenes de la historia reciente' (Madrid, 1998).
- 'Historia General de la Imagen' (Madrid, 2000).
- 'El cine español entre 1896 y 1939. Historia, industria, filmografía y documentos' (Barcelona, 2002).

Ademáis, participou en diversas obras colectivas como:
- Así nació el cine (Madrid, 1991).
- Antología del cine español (Murcia, 1992).
- 'Historia do cine en Galicia (A Coruña, 1996).
- Diccionario del cine español (Madrid, 1998).
- Diccionario biofilmográfico de Galicia (A Coruña, 2000).
- Diccionario do cine en Galicia. 1896-2000 (A Coruña, 2001 y 2008).
- Once miradas sobre la crisis y el cine español (Madrid, 2003).
- Panorama Audiovisual (Madrid, 2006-2011).
- Juan Pinzás. Un universo propio (Madrid, 2008).
- Desmontando a Saura (Málaga, 2013).

Dirixiu 'Historia Universal del Cine' (Madrid, 1982-1986).

Coordinou:
- 'Memoria viva del cine español' (Madrid, 1998).
- 'Guía histórica del cine. 1896-2001' (Madrid, 2002).
- 'La cultura de la imagen' (Madrid, 2006).
- 'Lara. La enseñanza de la imagen' (Madrid, 2009).
- 'Historia del cine' (Madrid, 2011).
- 'Las mujeres directoras en el cine español'. (Madrid, 2014).

Colaborou na 'Enciclopedia del cine español' (Madrid, 1997), o 'Proyecto Media' (Madrid, 2002-2004) e 'Junior Enciclopedia Multimedia' (Madrid, 2004).

- Dende 1980 publicou numerosos artigos en revistas especializadas como: Cinema 2002, Casablanca, Cinematógrafo, Cinerama, Todo pantallas, Euro-movies internacional, Secuencias, Cine & teleinforme, AGR, Boletín informativo de “Egeda”, Ikusgaiak, Hispanistica XX, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos de Historia Contemporanea, Telos, Cuadernos de Comunicación, Tecnología y Sociedad, Área Abierta, Comunicación, Questiones Publicitarias, Poéticas Vísuais, Fotocinema, Academia, Estudios sobre el Mensaje Periodístico, Historia y Comunicación Social, Red.escubre e Audiovisual451.

- Dende 1979 colaborou en prensa diaria, en medios como: La Región, La Voz de Galicia, Faro de Orense, Xunta de Galicia, Xornadas de Cine e Video en Galicia, Mostra cinematografica 'clasicos do cine', Boletin cine-club 'Carballiño', Galicia Viva, Diario Munditele, Diario de Galicia, El Correo Gallego, Diario de Ávila, Ávila semanal, Gaceta Universitaria, Madrid. Escuela e Tribuna Complutense.

Outros datos de interese

Premio Extraordinario de Doctorado (Madrid, 1983).
Premio 'Hogar de Avila en Madrid' ó Mellor Libro sobre a provincia (Ávila, 1988).
Premio “Film-Historia” á Mellor Investigación do ano (Barcelona, 2002).
Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor Laboura literaria e Xornalística, en recoñecemento a toda unha traxectoria docente e investigadora no ámbito cinematográfico (2010).
Traballou como realizador de televisión (1979-1980).
Foi Documentalista na serie para TVE 'El Arte del Vídeo' (1989).
Productor do clip Vivir rodando (1996).
Director-Realizador de: 'Historia de la Biblioteca de la Universidad Complutense' (2005) e 'Los servicios de la Biblioteca de la Universidad Complutense' (2006).
Dende 1981 foi director, codirector, coordenador, promotor de todo tipo de actividades cinematográficas.
Comisario Científico da exposición “Historia del Cine Español” (Madrid, 1992).
Comisario da exposición de fotografías 'Juan Cabré y Chamartín' (Chamartín, Ávila, 2005).
Ademáis foi Asesor e Xurado de numerosos festivais cinematográficos de carácter nacional e internacional.
Membro de Número da Institución 'Gran Duque de Alba' (Ávila, 1993).
Membro da Asociación Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia (1998).
Membro do Círculo de Escritores Cinematográficos (Madrid, 2003).
Membro da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) (Madrid, 2008).

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal