Enrique Jorge Montenegro Rúa

Enrique Jorge Montenegro Rúa

Enrique Jorge MONTENEGRO RÚA (arqueólogo, historiador e informático)
Vigo, 1964
Correo electrónico: montenegro_rua@yahoo.es
Twitter: @MontenegroRua

Currículo

Doutor en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, onde defendeu a tese "Santa Eulalia de Bóveda: estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno" en xaneiro de 2016 obtendo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude.

Previamente realizou estudos na Universidade Nacional de Educación a Distancia, licenciándose na facultade de Xeografía e Historia no ano 2000.

Funcionario do Estado, profesionalmente desenvolve as súas funcións como técnico informático desde 1986 no Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En 1984 finalizou estudos de informática no Colexio Universitario de Vigo (Universidade de Santiago de Compostela). En 2010 obtivo o título oficial de "Máster Universitario en Sistemas Informáticos y Redes" pola Universidade de Alcalá de Henares (2010).

Obras realizadas

O seu interese pola arqueoloxía peninsular levoulle a participar en escavacións e proxectos de diversos centros de investigación sobre a cultura hispanorromana.

Dentro do ámbito galaico destaca a súa débeda co Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga onde tivo a posibilidade de colaborar activamente (en especial entre 1997 e 2008, anos nos que desempeñou os cargos de Secretario e Vicepresidente da súa Xunta Directiva) tanto desde o punto de vista da divulgación arqueolóxica, coa edición de Croa (Boletín da Asociación de Amigos) e a creación da publicación electrónica e-Castrexo como en traballos de escavación no propio xacemento castrexo e a participación en diversos seminarios e congresos nacionais e internacionais.

Desde o ano 2004 a súa investigación centrouse, en maior medida, no desenvolvemento da tese doutoral do monumento de Santa Eulalia de Bóveda (Lugo), sobre o que xa publicou monografías, artigos en revistas especializadas, colaborado en publicacións colectivas e participando en cursos, congresos internacionais e conferencias.

Outros datos de interese

Actualmente espera iniciar o proceso para a publicación da tese doutoral sobre o afamado monumento lucense de Bóveda, na que se lle identifica como un sepulcro monumental romano de iniciados dionisíacos.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal