José Manuel Suárez Sandomingo

José Manuel Suárez Sandomingo

Pedagogo e educador social
Data de Nacemento: 5 de outubro de 1959
Lugar de Nacemento: Ortigueira (A Coruña)

Licenciado en Ciencias da Educación e doutor en Pedagoxía; exerceu de educador social nun centro de reeducación de menores da Xunta de Galicia na Coruña, desde 1985 a 1994, a partir de entón é pedagogo nos Servizos centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Desde 2004 veu desempeñando o cargo de presidente da Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia.
 

Obras realizadas

Escribiu varias obras especializadas en temas de infancia e educación, entre as que caben destacarse dúas monografías: Centros de menores, de onte a hoxe (1998) e Historia dos dereitos da infancia (1999) e La inserción sociolaboral de los jóvenes tutelados: el Progama Mentor en Galicia (2009). Tamén coordinou diversas obras colectivas: La interculturalidad pedagógica: nuevos enfoques, nuevas prácticas (2004) e Mediar para remediar conflictos (2005). Colaborou aportando capítulos a algúns libros como: O reto da converxencia dos sistemas formativos e a mellora da calidade da formación (1999); La integración sociolaboral de jóvenes tutelados (2000) Psicología jurídica del menor (2000); El practicum en el nuevo contexto del espacio europeo de educación superior (2005); Escola e familia: encontros vs desencontros (2007); Intervención pedagógica en la adopción (2008); Pedagogía del Ocio: nuevos desafíos (2009); Menores e xuventude: novos retos (2009), Diccionario Galego de Pedagoxía (2010); Benigno Teijeiro Martínez. El mayor polígrafo gallego en Argentina (2011), Menores en crisis (2012), Federico Maciñeira, su vida y su época (2014) e a súa última obra Orteganos ilustres.

Publicou máis de 300 artigos de opinión en diversos diarios gallegos, así como en destacadas revistas especializadas. Na actualidde mantén a columna de biografías sobre insignes personalidades titulada Orteganos en el mundo no semanario La Voz de Ortigueira e a plataforma de Internet Galicia Dixital.

Outros datos de interese

Foi 1º Premio Nacional Unicef de Xornalismo en prensa polo artigo Éranse unha vez os Dereitos do Neno … (El Ideal Galego, 5 de xuño de 1989)
É membro da Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), a Asociación Española de Orientación Educativa e Psicopedagoxía e Unicef, coordinador do consello de redacción da colección Perspectiva pedagóxica na Editoral AXAC de Lugo e membro do consello de redacción da Revista IPSE-ds (Revista de Intervención psicosocioeducativa na desadaptación social) da Editorial Dulac, de Barcelona, ademais de director do programa Escola de pais de Radiovoz.
Imparte con regularidade cursos e conferencias para profesionais da educación e a protección á infancia.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal