X. Francisco Domínguez

X. FRANCISCO DOMÍNGUEZ MARTÍNEZ, nacido en Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), o 29 de novembro de 1944. Doutor Enxeñeiro Industrial.

Bacharelato por libre en Ribeira, examinándose no Instituto de Pontevedra. Perito Industrial en Vigo, Enxeneiro Industrial en Bilbao e Tese de Doutoramento na Universidade de Vigo.

Exerceu o seu labor profesional na empresa privada durante mais de trinta anos e posteriormente incorporouse á Universidade de Vigo como técnico de I+D (2000-2009)  e como profesor asociado (1996-2009), onde se xubilou. Tamén foi xestor do Plan Galego de I+D+I.

Incorporouse ao galeguismo en 1965, con vinte anos, da man de Xaime Isla Couto, profesor seu cando estudaba Peritos en Vigo. Durante a súa estancia en  Bilbao desenvolveu un importante labor cultural no Centro Galego de Barakaldo. De volta en Galicia (1970), foi director-xerente de SEPT e un dos impulsores da tradución desde as línguas orixinais e publicación da Biblia en Galego. Foi fundador e secretario de organización do Partido Galeguista (1978-1982) e director (voluntario) de Cáritas da diocese de Tui-Vigo (1998-2002), ademais de Director (voluntario) da Fundación Penzol (2010-2021).

Actualmente está xubilado e segue na Fundación Penzol como padroeiro e membro da Comisión Permanente. Tamén é Conselleiro de Galaxia, e presidente de SEPT.

Ten publicado algunhas colaboracións en Grial, en Encrucillada e na Revista Lumieria, así como algúns artigos na prensa.
 

 

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com