Xosé Luis Rivas Cruz (Mini)

Xosé Luis Rivas Cruz (Mini)

Categoría: Mestre, cantautor e compositor
Data de Nacemento: 18 de Junio de 1951
Lugar de Nacemento: Pacios, Begonte (Lugo)

Currículum

Mestre de Primaria. Compoñente do grupo 'Fuxan os Ventos' desde o seu inicio ata 1982. Compoñente de 'A Quenlla' desde o seu inicio (1984) ata a actualidade. Compositor e adaptador de cancións galegas. Recompilador de folclore.

Obras realizadas

Ten editados trece discos cos grupos xa citados. Creou a música para os vídeos: 'Hª da Lingua', 'Os Señores da Palabra', '70 anos de Nacionalismo', 'Memoria de Rosas', 'Longa noite de Pedra'. Con Baldomero Iglesias Dobarrio, 'A Carón da Escola' (traballo de recompilación de folclore do Nadal), 'Cantares de Cego I' e 'Cantares de Cego II' (recompilación de Cantares de Cego), 'Contos de Vellos pra Nenos' (recompilación de contos tradicionais), 'Somos lenda viva' (recompilación de lendas tradicionais).

Outros datos de interese

En 2006 Mini e Mero, fundadores de Fuxan os Ventos e A Quenlla, reciben unha homenaxe no marco da Festa das Letras de Ponteceso. No 2009 obtivo o PEDRÓN DE OURO polo seu traballo a prol da música e da cultura de Galicia. Obtivo o Premio FACER PAÍS 2011, instituído nas terras de Láncara.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal