Edmundo Moure

Data de Nacemento: 4 de febreiro de 1941
Lugar de Nacemento: Santiago de Chile

Fillo de pai gallego emigrante, oriundo de Santa María de Vilaquinte, Carballedo (Lugo).  A súa nai era chilena, descendente remota de extremeños.

Dende moi cedo aprendeu a lingua galega, por boca do seu pai, dos seus avós e das súas tías galegas. A casa petrucial estaba chea de libros e os seus pais lles lían historias en ambas linguas, a castelá e a galega. Namorouse para seempre das palabras.

O seu oficio é o de escritor; a súa profesión de subsistencia é a de contador (como Fernando Pessoa).

Publicou vinteún libros, dezaséis en Chile e cinco en Galicia. Entre eles: “Gente de la Tierra” (relatos de xentes das aldeas de Galicia y dos pobos de Chiloé); “Memorial del Último Reino” (novela histórica do primeiro galego aveciñado en Chile); “Chiloé y Galicia, Confines Mágicos” (ensaio comparativo de ambos imaxinarios).

En 1985 participou como relator no Congreso “Rosalía de Castro e o seu Tempo”, en Santiago de Compostela. Fundou en Chile o Centro de Estudios Gallegos de la Universidad de Santiago, en 1998, onde impartiu clases de Lingua e Cultura Galegas durante once anos, ata a súa xubilación, en 2009.

Acaba de rematar unha Antoloxía Bilingüe de Poetas Chilenos (galego-castelán), que posiblemente será publicada en Galicia, en 2015.

Vive escindido entre dúas nostalxias: a Galicia Atlántica e esta Galicia d’Alén Mar que construíron os seus soños e os seus anhelos. Asimesmo entre dúas linguas que non deixan de asombralo cos seus fulgores e achados.

Antecedentes culturais e literarios

Dende 1985 ata hoxe Director Cultural de Lar Galego de Chile;

De 1985 a 1991, Director e produtor de programas radiais de difusión cultural, en Radio Sudamérica e en Radio Universidad de Chile: “Todas las Españas”, “Confines de Hispanoamérica”, “Vieiros de Galicia” e “La Veu de Catalunya”;

De 1988 a 1989 foi Presidente da Sociedade de Escritores de Chile;

De 1988 a 1989 foi Socio fundador de “Ediciones Logos”;

Desde 2001 ata hoxe, Socio fundador de “Ediciones Nueva Galicia”;

Actualmente é Presidente Corporación Cultural “Nueva Galicia”.

Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:

En Chile:

“Ciudad Crepuscular”, poesía, 1981;

“Más Allá del Pan”, poesía, 1982;

“Instantáneas”, poesía, 1983;

“Tres Veces Siete”, conto, 1984;

“La Voz de la Casa”, novela, 1985, 1994, 2000;

“Rebeca”, poesía, 1986;

“Antología de la Poesía Contemporánea Chilena”, Editorial Andrés Bello, 1987.

“Gente de la Tierra”, relatos, 1987,2000;

“Entresiglos y Quimeras”, poesía, 1994;

“Cuentos y Poemas del Mundo Minero”, conto, 1997.

“Palabras de Sur a Norte”, crónicas, novembro 2004.

En Galicia:

“Rosalía y la Nostalgia del Paraíso”, ensaio, Actas do Congreso Rosaliano, Santiago de Compostela, 1986.

“Galicia y Chiloé, Confines Míticos”; ensaio, 1997;

“Memorial del Último Reino”; novela histórica, 2001;

Colección “Estudios”, Consellería de Emigración;

“Chile a la Vista”, reedición desta obra de Eduardo Blanco-Amor, con estudio introductorio de Edmundo Moure; Consello da Cultura Galega, Galaxia, 2003.

“La Feria del Mundo”; recopilación das crónicas xornalísticas escritas por Ramón Suárez Picallo en Chile, entre os anos 1941 e 1956, ópera magna do destacado político, xornalista e intelectual galego, oriundo de Sada. (Este traballo, composto de medio milleiro de artigos e máis de seiscentas glosas e notas, foi patrocinado polo Consello da Cultura Galega); Santiago de Compostela, xuño 2008;

“Galicia y Chiloé, Confines Mágicos”; ensaio, Colección “Crónicas de la Emigración”, Vigo, xaneiro 2010.

Obras inéditas e/ou en preparación:

“Vida y Andanzas de la Parca”, presencia da morte na literatura, ensaio.

“Egocéntricas”, crónicas.

“El Libro de los Anhelos”, diario. (Postula actualmente a FONDART a través de Editorial Étnica).

“La Curandera”, novela histórica baseada na vida de Dona Leonor de Andrade, dama de orixe galega, primeira víctima da Inquisición en Chile, a mediados do século XVII;

“Rosalía y Gabriela, Poetas de la Desolación”, ensaio;

“Hombres Mínimos”, novela;

“Cronicalia”, crónicas.

Outros datos de interese

PREMIOS

1981. Primeiro Premio de Poesía, Concurso “Javiera Carrera”, Santiago de Chile;

1981. Segundo Premio de Narrativa (Conto), Concurso “Javiera Carrera”, Santiago de Chile;

1983. Primeiro Premio Concurso de Poesía “Grupo Ariel”, Santiago de Chile;

1991. Primeiro Premio 'Concurso de Cuento Asociación Minera de Atacama', Copiapó, Chile;

1995. Primeiro Premio de Artigos Xornalísticos, “Andoriña”, Xunta de Galicia;

1997. Terceiro Premio de Artigos Xornalísticos, “Andoriña”, Xunta de Galicia;

1997. Primeiro Premio 'Concurso de Cuentos del Mundo Minero', Ministerio de Minería del Gobierno, Santiago de Chile.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Últimas Publicacións

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com