Presentación

A Biblioteca Virtual Egeria é un servizo de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria para contribuír á difusión de contidos de interese xeral e galego con total gratuidade.

Os libros que se ofrecen integramente nesta Biblioteca están cedidos de xeito gratuíto polos seus autores, para contribuír a espallar contidos que doutro xeito serían de difícil acceso, xa porque as tiradas orixinais quedasen esgotadas, fosen difíciles de atopar, ou mesmo estivesen inéditos.

Do mesmo xeito que invitamos a todos os internautas a consultar e divulgar os contidos desta iniciativa cultural coa liberdade que os autores das publicacións nos teñen concedido, convidamos tamén a todos os autores que desexen colaborar coa iniciativa de Egeria a que aporten todo tipo de materiais para esta Biblioteca Virtual.

Algunha suxestión?

Se desexas publicar as túas obras, ou queres que publiquemos algo en concreto...

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal