José Antonio Giz Paz

Enxeñeiro Informático desde 1997.
Membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Perito Informático desde 2011.
Membro do Corpo Oficial de Peritos Informáticos de Galicia.
Formador en Novas Tecnoloxías.
Docente Homologado pola EOI (Escola de Organización Industrial).
Consultor Especializado para Empresas Homologado pola EOI en Dixitalización, Marketing e Estratexia.
Responsable de Área en NOAINNOVA. Titorías en Innovación, Dixitalización e Estratexia.
Avaliador do Programa de Selos Internacionais de Calidade (SIC), da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Foi Grafista electrónico, deseñador gráfico e Director de informática de Televisión Lugo (1994-1998), analista-programador de Fadesa (1997-1999), Director de Organización e Sistemas de Diana Forest, en  Bacau-Romanía, do grupo de empresas Fadesa (1999-2001), membro do departamento de Organización e Sistemas de Fadesa (2001-2005), Xestor comercial (2005-2006) e Director (2006-2008) de  Confia´s Home S.L. (Conforta), do grupo Fadesa Inmobiliaria.

Desde 2008 é Director de GALICIADIGITAL, empresa promotora da plataforma na internet con 24 portais temáticos sobre Galicia (www.galiciadigital.com), e dedicada ao desenvolvemento web e á xestión de proxectos culturais. E desde 2017, responsable técnico de AUDE AUDITORÍA, empresa dedicada á prestación de servizos de Auditoría Software para empresas.

Obras realizadas

Algúns proxectos destacados (desenvolvemento e coordinación dos mesmos):

  • Libro “Webs Galicia: Guía de Webs de Galicia”. www.websgalicia.com
  • Proxecto Manuel Rodríguez López: Desenvolvemento web, exposición itinerante e publicación dos libros “Antoloxía Poética” e “Manuel Rodríguez López: 25 anos despois”. www.manuelrodriguezlopez.org
  • Biblioteca Virtual de GaliciaDigital, que na actualidade con máis de 200 títulos. bibliotecavirtual.galiciadigital.com
  • O Fin do Camiño: Desenvolvemento web e exposición itinerante. www.ofindocamiño.org
  • 350 años de la Ofrenda al Santísimo en la Catedral de Lugo: Exposición itinerante.
  • 800 años de la Catedral de Mondoñedo: Exposición itinerante.
  • Fraguas en Lugo: Desenvolvemento web, exposición itinerante e publicación de libro. www.fraguasenlugo.org
  • Carballo Calero en Lugo: Desenvolvemento web, exposición itinerante e publicación de libro. www.carballocaleroenlugo.org
  • Manuel Regueiro Tenreiro: Desenvolvemento web e publicación de libro. www.manoloregueiro.org

Desenvolvemento de diversas aplicacións para empresas e particulares (Sistema de Xestión de Arquivo para medios de comunicación audiovisual, Sistema Integral de Xestión e Manual de Procedementos para empresas madeireiras, Sistema de Control Informático de empresa de Servizos Inmobiliarios, Sistema de Xestión de empresa de Servizos Inmobiliarios, Sistema de xestión orzamentaria, Sistema informático de Xestión de Obra e Control de Custos para Inmobiliarias, etc).

Outros datos de interese

Participación en proxectos de Organización e Auditoría Interna de empresa en colaboración con Ernst&Young e Grupo P&A.

Participación na adaptación de sistemas informáticos e funcionamento interno empresarial á Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) e Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE), en colaboración con Ernst&Young. Responsable de conformidade de sistemas informáticos e funcionamento interno coa LOPD e a LSSI-Ce en Fadesa.

Traducións ao galego de diversas aplicacións informáticas.

En abril de 2010, a Federación de Autónomos de Galicia (Feaga) nomeouno "Autónomo do Ano".

Idiomas: Inglés e romanés.

 

Obras de José Antonio Giz Paz

Neste momento non hai obras dispoñibles

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com