Manuel Curiel Fernández

Manuel Curiel Fernández

Pseudónimo:'Travelling' e 'Mafalda'
Data de Nacemento: 10 de Maio de 1948
Lugar de Nacemento: A Fonsagrada

Currículum

Estudiou o bacharelato en Lugo e logo en Santiago. En 1967, deixa os estudios e emigra a Barcelona. Entra a traballar na empresa Seguros Galicia (onde traballou 35 anos, ata a súa prexubilación). Con varios amigos fundou o cine-clube “Masnou” en Hospitalet de Llobregat, con proxeccións semanais no desaparecido cine Tívoli. Nesta época comeza a súa colección de bandas sonoras de cine. Regresa a Galicia en 1971 colaborando no cine-clube “La Coruña”. Logo dun periplo en Pontevedra trasládase definitivamente a Lugo, onde entra a formar parte da directiva do grupo fotocinematográfico “Fonmiñá”, como responsable da sección de cine e na que aínda continúa. Director das vintecinco edicións celebradas da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, é colaborador cinematográfico en “El Progreso”, “La Voz de Galicia”, Radio Lugo, Radio Voz e nas revistas “Lugo Cultural” e “Entremuros”. Dirixiu e presentou o programa de cine en Telelugo “Central Cinema” e colaborou noutras publicacións a nivel autonómico e estatal. Foi asesor cinematográfico do Concello de Lugo e na actualidade é asesor de Caixa Galicia. Foi o fundador e organizador de semanas de cine en vilas e pobos da provincia, así como homenaxes efectuados a Ánxel Fole, Carlos Velo, Charles Chaplin, Irmáns Marx, etc. Celebrou conferencias e charlas relacionadas co cine en diversas cidades de Galicia. Tamén colaborou na realización do desaparecido Festival de Cine Afeccionado do Circulo das Artes de Lugo. Actualmente traballa na próxima publicación do libro Un Lugo de película, no que verá a luz todo o relacionado co cine da provincia de Lugo. Igualmente segue programando ciclos de cine para diversas institucións con charlas e debates.

Obras realizadas

Foi fundador do Grupo Imaxe de Lugo, realizando tres películas premiadas en varios festivais de cine afeccionado celebrados en España Carta a un niño que no va a nacer, O Espantallo e Lugo ayer y hoy.

Outros datos de interese

A dedicación ó cine venlle da man de Cosme Iglesias Trevín, xerente do cine “Gran Cinema” na Fonsagrada. No “Gran Cinema” facía de todo: operador, cartelista, acomodador, etc...

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com