María Francisca Rodríguez Cabanas

María Francisca Rodríguez Cabanas

Data de Nacemento: 9 de maio de 1930
Lugar de Nacemento: Ourovello, Paderne (A Coruña)
 

Criouse no seo dunha familia labrega formada por pais, oito fillos e unha madriña.

Dende os sete ós catorce anos vai á escola de Don Segundo en Areas (Adragonte) que, como era costume naquel tempo, impartía todas as súas clases en castelán.

Ós cincuenta anos ve por primeira vez unha bandeira galega.Poucos anos despois le o primeiro libro escrito no idioma do seu país.Este feito anímaa a escribir as súas vivencias: "O carro do tío Jesús", "A fonte do Ourovello", " O padriño da Xunqueira", "Collendo no Lúpulo"..., títulos que saen publicados en diversos xornais como en La Voz de Galicia, no que o seu relato "A festa do patrón" sae premiado nos "Relatos de verán" do ano 2005 (1ª semana).

Pasou pola UNED Sénior de Paderne e Banco do Tempo de Ferrol (elaborando unha curta sobre a Guerra Civil).

Tamén estivo na praza do Concello de Ferrol apoiando aos indignados do 15M e eles visitaron a súa horta para aprender os segredos das plantas.

Gusta de escribir sobre as inxustizas como o caso das Encrobas, o chapapote do Prestige, o despilfarro do Papa cando veu a Galicia, o atropelo dos políticos e dos que teñen poder, as mentiras das eleccións... e tamén dos recordos. Moitos deles saen recollidos no libro que acaba de publicar "Lembranzas dunha vida".

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com