Xosé Lois García Fernández

Xosé Lois García Fernández

Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 22 de abril de 1945
Lugar de Nacemento: Lugo

Currículum

 

Criouse en Merlán (Chantada) e emigrou ós vinte anos a Barcelona. Durante dezaoito anos traballou como metalúrxico na empresa SEAT. Licenciouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Barcelona. Exerceu de profesor. Actualmente é director do Arquivo Histórico Municipal e responsable do Patrimonio Histórico do Concello de Sant Andreu da Barca (Barcelona).

Obras realizadas

 

Divulgador da cultura galega en Cataluña, conferenciante, articulista, crítico literario e de arte, a súa obra ensaística está composta por oito libros de diversas temáticas. É autor de quince libros de poesía, creador de literatura infantil e de teatro, autor de tres libros sobre a simboloxía románica en Galicia e Portugal, especialista en literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións)e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Ginea-Bissau, Macau e Brasil. As súas publicacións sobre literatura e historia están recollidas en diversas publicacións.

Outros datos de interese

 

É membro de honra da União dos Escritores Angolanos.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com