Xosé María Gómez Vilabella

A Gómez Vilabella definiuno o ilustre Manuel María no soarego que lle fixo para o seu libro '¿Pódese pasar?' como 'un milmañas'. Con só os estudos de Primaria fixo dous anos de 'Mestre de a ferrado' e tamén foi zoqueiro. Estivo tres anos de mecanógrafo no Consello Supremo de Xustiza Militar, aproveitados para preparar oposicións de Banca. O xeneral Martínez Campos (fillo), entón presidente da Real Academia da Historia, deulle o carné de investigador nº 6, que lle permitiu desempoar atados no A.H.N., dos que tirou, aos 21 anos, o seu libro “Castroverde. Bosquejo Histórico Geográfico”. Desde entón non parou de traballar, de estudar e de publicar. Os estudos, por nocturno, por libre e pola UNED.

Aos 26 anos era director da sucursal do Banco Exterior de España en Sidi Ifni. Incorporado ao 'Batallón da gabardina', como somatenista, participou na defensa do Banco na guerra de 1957/58 e foi condecorado polo Exército. No Banco Exterior estivo destinado, posteriormente, en Aaiún, en Xixón e na Coruña, onde se retirou. Na Coruña tivo unha asesoría fiscal.

Obras realizadas

“Castroverde”, “Juventud Bancaria”, “Cacería de ciclóstomos en Ifni”, “Historias Intra da Bisbarra Castroverde, Pol e Baleira”, “¿Pódese pasar?”, “De mámoas e talaiots”, “Aqueles mestres”, “As feiras de Castroverde no século XX” e “Se eu mandase, ¡ai daquela!”, obra de teatro estreada polos xubilados de Pol. Ademais é autor de artigos e series en varios medios: El Progreso, ADIALA do C. Galego de Mallorca, etc…

Colabora asiduamente no caderno de bitácora amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com. No seu propio, josemariagomezvilabella.blogspot.com, saen dous libros de tema africano, “Ifnada” e “Operación: Cuñada”, en castelán. No de publicacións en galego éntrase por gomezvilabella.blogspot.com. Conferencias, pregóns, “cicerone” na bisbarra de Castroverde, etc…

Outros datos de interese

Cando se cansa do ordenador vaise para a súa finca de Montecubeiro, onde está logrando un auténtico xardín botánico.

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Últimas Publicacións

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com