Manuel Muñiz Besteiro

Categoría: Profesor
Lugar de Nacemento: Vilar de Cas, Moreira, Castroverde (Lugo)

Currículum

Licenciado en Filoloxía Híspánica, Subsección Galego-Portugués. Ten a praza no IES Gregorio Fernádez de Sarria. Actualmente traballa no Sindicato Cig-Ensino. Preside a 'Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde'.

Obras realizadas

Autor de diversos traballos sobre o Concello de Castroverde entre os que se pode salientar: 'Itinerarios polo Concello de Castroverde' e 'Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Castroverde', publicados nas diversas 'Actas dos Congresos da Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas'. (2013, 2014 e 2015). Publicados pola Asociación de amigos do patrimionio, con subvención da Deputación.

Coautor de 'Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e Esmoleiros do Concello de Guntín de Pallares 2016', 'Becerreá 2017', e 'Cruces misionais do Concello de Palas 2018'.

 

É unha iniciativa da plataforma en Internet GaliciaDigital destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Galicia Digital
    (Interdix Galicia S.L.)
    C/Nóreas, 30 - Entresuelo

    27001 - Lugo (Spain)

  • +34 982 226 309
  • correo@galiciadigital.com