Presentación
A Biblioteca Virtual de GaliciaDigital é un servizo desta Plataforma (www.galiciadigital.com), para contribuír á difusión de contidos de interese xeral e galego con total gratuidade.
Os libros que se ofrecen integramente nesta Biblioteca están cedidos de xeito gratuíto polos seus autores, para contribuír a espallar contidos que doutro xeito serían de difícil acceso, xa porque as tiradas orixinais quedasen esgotadas, fosen difíciles de atopar, ou mesmo estivesen inéditos.
Do mesmo xeito que invitamos a todos os internautas a consultar e divulgar os contidos desta iniciativa cultural coa liberdade que os autores das publicacións nos teñen concedido, convidamos tamén a todos os autores que desexen colaborar coa iniciativa de GaliciaDigital a que aporten todo tipo de materiais para esta Biblioteca Virtual.