Pedro Rubal

Naceu na parroquia de Castro de Ouro, concello de Alfoz, no barrio da Costoira, o 14 de xullo de 1931. Seus país eran humildes labregos. O padre, Xesús Rubal Uz, dedicábase tamén a facer zocas; súa nai, Antía Pardeiro Lorenzo atendía as tarefas da casa e acompañaba ao marido tamén nas do campo. Non tiveron máis fillos. El – que procedía por súa nai dunha familia de Pacios, Terra Cha, ao través dun sobriño dun cura de Adelán, que o casou en Alfoz – era afeccionado a ler; ela tamén, porque na casa sempre tiñan dispoñibles periódicos, xa que o pai, moi coñecido por Mariano da Costoira, era carteiro deste concello. A casa da Costoira segue en bo estado.

A Pedro seu pai, cando empezou na escola, a facer contas e recorda que lendo unha Enciclopedia de Álvarez, e aínda recorda como lle a diferenza entre unha monarquía absolutista e constitucional. Decidiu poñelo a estudar, como se dicía, por unha inxustiza que habían cometido no Axuntamento, cunha distribución do Consumo, favorecendo aos ben situados e prexudicando os máis pobres. El fora membro da Comisión nomeada ad hoc e burláronlle os acordos da mesma. Chegou a casa indignado, e dixo que o seu fillo quería preparalo para evitar que tivera na que sufrir tales inxustizas. Aínda que os recursos económicos era ben escasos, envíoo a unha Academia que impartían esas clases de bacharelato en Ferreira do Valadouro. Alí fai os tres primeiros anos e os restantes ata sete, con reválida universitaria, ao final, cun mestre moi coñecido por “Mestre do Condado”, que posuía unha excelente formación matemática.

Esa reválida chamábase “Exame de Estado”. Aquí outra anécdota. O que levaba nota neste exame podía presentarse a unha proba selectiva para obter beca no primeiro ano de estudos na Universidade. Pedro estaba en condicións de facelo; pero tivo que anticipar a volta á casa porque non lle chegaban os cartos que levaba para esperar esa proba. Rifáronlle na casa porque non pedira os cartos e tamén algún veciño en boa disposición de facilitalos en caso de necesidade, que non comprendían que se perdera esa ocasión.

Empezou a estudar Dereito por libre. En primeiro había como oso o Dereito Romano, que impartía o famoso D. Álvaro D´Ors Pérez Peix, asistido de o Dr. Fuenteseca e o Dr. Portos, o padre de Asunta. Pasouno sen dificultade, como tamén outras materias, menos Dereito Político, que dicían que estaba a cargo dun policía. No ano seguinte enfermou a madre e non puido prepararse en forma, y decidiu facer as prácticas de Procurador dos Tribunais, que eran dous anos, coa correspondente teoría, elementos de materias de Dereito e especialmente o Dereito Procesual, e exame na Audiencia Territorial de A Coruña.

Matriculase e dáse de colexiase de Procurador (había que gañar o pan), o que exerce 18 anos, durante os cales ten ocasión de coñecer de relacionarase profesionalmente con prestixiosos avogados: D. José Sánchez Gacio (que había sido gobernador civil da Coruña), Constantino Díaz e Alejo Barxa, en Mondoñedo; Pedro González, Benigno Varela e Enrique Santín, en Lugo, e Martínez Risco e Iglesias Corral. Eles deixáronme valiosas ensinanzas . Eran avogados que nos levaban os casos de apelación, sobre todo os de Lugo e A Coruña , e incluso algúns deles tiñan simpatías mutuas de carácter político: Sánchez fora Gobernador da Coruña, e Iglesias Corral, Fiscal Nacional da República.

Pese a que a profesión que exercía non lle ía nada mal, o ambiente xudicial, con testemuñas, informes periciais, clientela, etc., non era nin suficientemente apracible nin reconfortante culturalmente, por iso o Rubal decidiu licenciarase en Filosofía e Letras e opositar a profesor de bacharelato. Empezou traballando e estudando, restando horas a o sono, por oficial dispensado de asistencia a clase por razóns de traballo, unha modalidade que substituía o ensino libre: Podía ir a clase como calquera oficial, tiña necesariamente que presentarse aos exames parciais e podía adquirir apuntes en fotocopias dos catedráticos, porque sempre había bos estudantes que os vendían. E así, viaxando en moto a Santiago, asistindo algúns días as clases máis interesantes, estudou e traballou de procurador. Fixo oposicións a agregado de Filosofía, e levou de 395, o número 126, co cal aínda podía aspirar a praza en moitas capitais de provincia, pero preferiu o Instituto de Ribadeo, a onde se trasladou do de Mondoñedo, onde era interino. En Ribadeo ostentou o cargo de Secretario do Centro, e desde el foi trasladado a Burela en comisión de servizo, como o primeiro director do Instituto, pola Delegación de Lugo, cando aínda non estaban transferidas as competencias a Autonomía de Galicia. Logo, e xa de volta a súa praza a Ribadeo, aspira a acceder a cátedras, leva praza de catedrático no Instituto San Rosendo de Mondoñedo, onde acaba na Dirección nos últimos anos da súa vida activa, e fai 25 anos en setembro que está xubilado.

Tivo sempre afección a escribir. Durante varios anos foi correspondente de “La Voz de Galicia” no Valadouro, colaborou no Progreso, en algunha revista do Ensino; colaborou en “Tendencias 21”, revista dixital da Universidade de Comillas, e comenta artigos na tamén revista dixital “Fronterasctr” (“ctr”,iniciais de ciencia, tecnoloxía e relixión).

O 7 de maio de 2012, na Facultad de Filosofía da Universidad Complutense de Madrid e invitado polo Presidente da “Asociación de Axioloxía”, D. José María Méndez, pronunciou a conferencia LA SOLIDARIDAD RESPONSABLE EN LAS SINERGIAS ECOLÓGICAS, dentro do XIXº CURSO SOBRE VALORES HUMANOS organizado pola Asociación Estudios de Axiología.

Traducíu do inglés os libros NATURAL SIGNS AND KNOWLEDGE OF GOD (Los signos naturales y el conocimiento de Dios), de Stephen Evans, e PRINCIPLES OF NEUROTHEOLOGY (Principios de la Neuroteología).

Os libros e artigos publicados están relacionados no libro "Evolución y Complejidad".

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal